domingo, 17 de mayo de 2009

Día das letras tropicalllllllll...

Inda que estemos a milleiros de quilómetros da casa, non podiamos deixar de festexar unha data coma ista. Adiante co galego!!


Menú:
mexillóns da ría (e da lata)
pulpo con cachelos (tamén da lata)
empanada de bonito
chourizo de francelos e queixo do país
croquetas de xamón (caraaaaaallo)

Viño catalán (que che era o segundo máis barato do mercado, xa que do Ribeiro non había)
Chupitos de licor varios e rosquillas (receita de ama Pili, mmmmmmmm.. que ricas)





Imaxes do meikin of:

Que o día das letras galegas sexan tódolos días do ano.

Beijos.

martes, 5 de mayo de 2009

e por fin chegou!!

Supoño que a estas alturas xa saberedes tod@s que a partir de agora non vou costarriquear soa, que me chegou compaña, pero por se hai algunha despistada ou despistado, aí van as probas...


Siiiiiiiii!!
por fin chegou o Braulio!!!
Enteirño, enteiriño (e o que é igual de importante: cargado de chourizo, xamón, viño e licor).
Viva!!!
E xa está a traballar o pobre, case nin tempo tivo de asentarse...
Vive a unha media hora de Cuestillas, na casa duns familiares de Yeudi (o presidente da miña asociación, que nos axudou moito e enseguida atopou un traballo pra el).
E non vo-lo perdades... xa ten as maus cheias de caios!!!
je, je, je...
Mandástesme un rapas e vouvos voltar cun home feito e direito!!


Bom, pois nada máis por hoxe, que a partir de agora imos ser tres (coma os mosqueteiros): O Braulio, a Dedé e a Noa!!


E antes de despedirme, mil gracias á Silvia e ó Manolo polos bicos e agasallos (moitos bicos e apertas e achuchóns e xa sabedes o que vos quero); á Pilita e á Blancucha, que me enviaron unha postal da praza (que me deu moita envexa, porque fixo que mentres ma escribían se estaban a beber un viño rico, rico, pero que me fixo moitísima ilusión, e me encantou. Que majas... apas!!!); á Inés e ó Luigi polo viño (mmmmmm... estouno reservando pro meu aniversario e creo que vai ser o viño que máis me saiba en moito, moito tempo. Mil gracias!!!); ó Xavi Aljama polo riquisisisisisimo licor de frambuesa. Triunfou!!! Así que se ves que o da crise afecta máis da conta no bar, vente cargado de botellas que eiquí fas negocio!; á miña ama, que me enviou tantas coisas ricas que cando empezou a sacalas o Braulio case me desmaio... O malo é que me dá pena comelas!!! Que non quero que se me acaben!!! je, je, je.

E a tódala xente que me enviastes saúdos, recordos, bicos, apertas... (que inda que creo que o Braulio non se lembrou de darmos todos, sei ben quen me quere...)
E que eu tamén vos quero e vos boto de menos...
xa o sabedes...

E acabouse, que menuda entrada máis ñoña me saiu hoxe. Será que o xoves cumplo 6 meses de vida costarricense e estou sensíbel...

Beijinhos...

e perdoade por non escribir en costarricense, pero é que ás veces non me sae e tampouco é tan complicado comprender o galego, non si?
Pero a quen a solicite, fágolle unha traducción rápida.

Muxu bat!