lunes, 24 de noviembre de 2008

unha de bechos (pili, pra ti)

Hoxe tivemos un convidado de honra na nosa aburrida tarde de chuvia: un verme do tamaño do meu dedo corazón.
Pois o becho en sí tívonos toda a tarde entretid@s facéndolle fotos.
Ademáis de ter un tamaño considerábel (eu nunca vira un verme desas dimensións), todo o seu corpo (sobre todo a cabeza) estaba ateigado duns pelos brancos que se asemellaban ós pinchos dun cactus. Metía medo!!


O que se ve na foto, que parecen patas son unhas ventosas coas que se amarra ás superficies. E no cú, parecía que tiña un par de antenas.
Ademáis comía a unhas velocidades de vérigo... así foi, que esa boliña negra que se ve en primeiro plano desenfocada é o pedazo de merda que soltou polo cú, supoño que en parte adicada a nós por andar a molestala.

E así, que hoxe tivemos unha tarde de bechos, porque cando xa nos estabamos comezando a cansar de observar ó verme, chegou Eduardo cunha anduriña nas mans que se decidiu a facer o niño no caixón das luces da casa.


Sempre hai cousas pra ver neste país...

3 comentarios:

Unknown dijo...

Ola Ainhoa!
Bonito blog que te mandaches.
Se os vermes som de esse tamanho como seram as lesmas!!!
Muxu haundi bat.

ainhoa dijo...

medo me dá descubrilo...
beijinhos

Anónimo dijo...

que bonito!!! muchas gracias por las fotos de los bichitos costarricenses!!!
Besotes
Pili